Ostreros, colipintas e mazaricos

martes, 11 de febrero de 2014

Arao común

Este Arao encontraronno na praia da concha en Espasante,onte 10 de febreiro de 2014, probablemente ferido polo temporal (non trataba de escapar)avisouse o Seprona para a súa recollida. O CRFS (Centro de Recuperación de Fauna silvestre)que nos corresponde nesta zona e o de Sta Cruz de Oleiros na Coruña: Os telefonos son os seguintes: 981626241-690634708-686252554. Esta é a ficha da Conselleria de medioambiente CMATI: DESCRICIÓN De tamaño medio, presenta as típicas cores dos pingüíns. A plumaxe nupcial ten as partes superiores e a cabeza de cor escura, case negra. Peito e ventre moi brancos. Prolongación da boca de cor negra. En inverno, presenta unha raia alar de cor branca, garganta e meixelas tamén brancas e parte superior da cabeza de cor chocolate. REPRODUCIÓN O niño apenas é un monllo de algas e ramiñas colocadas ao chou nun resalte do acantilado. O único ovo ten forma de pera, para que non rode cara ao mar. ALIMENTACIÓN A súa dieta está baseada en peixes e moluscos. HÁBITAT Esencialmente peláxico, só acode á terra para criar. En inverno recóllese en rías e estuarios máis protexidos, e incluso en portos. DISTRIBUCIÓN É unha das aves mariñas máis abundantes do planeta, mais na península Ibérica tan só nidifica en Galicia. Para iso emprega repisas en cantís rochosos e furnas na Costa da Morte, aínda que a finais do século pasado tamén nidificou nas illas Cíes e Ons e en Estaca de Bares. Fortemente ligada ás augas mariñas, onde pasa gran parte do tempo descansando e na busca de alimento (peixes peláxicos). Malia que é frecuente observar araos en augas galegas durante o inverno, estes proceden fundamentalmente de colonias de reprodución británicas e francesas. ESTADO DE CONSERVACIÓN Na actualidade sobreviven tan só 2-4 parellas reprodutoras, e non máis de 20 individuos durante a época de reprodución en Galicia, ameazados fundamentalmente pola mortalidade en artes de pesca e a contaminación mariña (especialmente os vertidos de petróleo). A caza abusiva xogou un papel importante no descenso das súas poboacións a finais do século pasado. CATEGORÍA DE CONSERVACIÓN En perigo de extinción. NOME COMÚN Arao (Poboación nidificante) NOME CIENTÍFICO Uria aalge CLASE Aves FAMILIA Alcidae

sábado, 19 de mayo de 2012

Mazaricos Chiadores (Numenius Phaeopus), zarapitos trinadores




Mazaricos Chiadores acompañados por algunha agulla colipinta, distínguese deles porque a agulla ten o pico recto,  na procura de alimento pola  praia da Concha, preto da desmbocadura do rio Dola en Espasante (Ortigueira) o día 12 de maio de 2012.

jueves, 17 de mayo de 2012

Correlimos común (Calidris Alpina) ou Pilro común




De pico negro a miudo mais longo ca cabeza e lixeiramente curvado cara abaixo na punta.
Frecuenta tanto estuarios como enseadas rochosas descubertas. O niño fano no chan, nun foxo forrado con herba ou follas. A posta consta duns catro ovos de cor verde azulado, moi salpicados con puntos castaño escuro. A incubación dura unhas tres semanas e realízana ambos  proxenitores. 
Fotografía tomada na praia da Concha en Espasante(Ortigueira), preto da desembocadura do rio Dola o 17 de maio de 2012.










lunes, 16 de abril de 2012

Zarapito trinador (Numenius Phaeopus) ou Mazarico chiador



O zarapito trinador é unha limícola de tamaño medio - grande (uns 40 - 42 cm de lonxitude e 76 - 89 cm de envergadura), de aspecto similar ao zarapito real (Numenius arquata), pero é máis pequeno. Ten un pico longo e curvado, aínda que máis pequeno que o do zarapito real. As patas son azuladas e algo máis curtas que a anchura do corpo. Na cabeza ten o píleo escuro.
Cría nas proximidades da costa, pero non está ligado ao litoral, polo que é posible observalo en zonas interiores como páramos húmidos, brezales e mesmo en terreos arenosos, até os 700 m de altitude. Durante a migración e invernada é unha ave moi costeira, que aparece en marismas, estuarios e zonas do intermareal.Fotografía tomada na Ría de Ortigueira o día 7 de abril de 2012.

jueves, 9 de febrero de 2012

Espátula común (Platalea Leucorodia) ou Cullereiro


Aliméntase movendo o pico que ten forma de culler de lado a lado, en augas pouco profundas. Hoxe xoves 9 de febreiro de 2012, día moi frio de marea baixa e no porto de Ortigueira.

sábado, 14 de enero de 2012

Zampullín Cuellinegro (Podiceps nigricollis) ou Mergullón de pescozo.

Con pescozo máis longo e ergueito que o zampullín común, de vistoso plumaje estival no inverno é branco e negro, con cara moi branca. De preto ollo colorado

domingo, 6 de febrero de 2011

Chorlitejo grande, Charadrius hiatícula en galego Píllara real



Limícola de pequeno tamaño, en época de cria mostra un chamativo pico laranxa con punta negra,patas laranxa vivo e ancha banda negra sobre a frente.E característico a presencia do collar negro.
Estas fotografías foron tomadas na praia da Concha en Espasante (Ortigueira)

martes, 26 de octubre de 2010

Correlimos tridáctilos ou Pilro bulebule (Calidris alba).

Fotografía tomada na praia de Morouzos  a finais de abril do 2009.
Son limícolas moi activas, típicas das praias arenosas. Moi pálidas, con pico e patas negras.
Corretean coa cabeza baixa perseguindo as ondas que se retiran para picotear pulgas de area que quedan ó descuberto.

domingo, 25 de abril de 2010

Espátula común (Platalea Leucorodia) ou Cullereiro

Grande e branca, recorda ás garcetas pero presenta un gran pico en cuchara e voa co pescozo estendido. Os exemplares xuvenís teñen o pico rosaceo.

viernes, 23 de abril de 2010

Chorlitejo grande ou Pillara Real (Charadrius hiatícula)

Co seu característico colar completo, con pico e patas laranxas que o distingue do Chorlitejo chico (Pillara pequena) que presenta patas pálidas e pico case negro.

Son aves do Oeste e Norte de Europa, Islandia e Groenlandia.
Esta fotografía foi tomada o 18 de abril de 2010 no porto de Espasante (Ortigueira).

miércoles, 7 de abril de 2010

Zarapito Trinador, Numenius phaeopus ou mazarico galego ou chiador

Distínguese do Mazarico Real (Zarapito Real) na súa cabeza listada, e as patas mais curtas. Ademais polo seu trino silbante característico.