Ostreros, colipintas e mazaricos
martes, 11 de febrero de 2014
Arao común
Este Arao encontraronno na praia da concha en Espasante,onte 10 de febreiro de 2014, probablemente ferido polo temporal (non trataba de escapar)avisouse o Seprona para a súa recollida.
O CRFS (Centro de Recuperación de Fauna silvestre)que nos corresponde nesta zona e o de Sta Cruz de Oleiros na Coruña: Os telefonos son os seguintes: 981626241-690634708-686252554.
Esta é a ficha da Conselleria de medioambiente CMATI:
DESCRICIÓN
De tamaño medio, presenta as típicas cores dos pingüíns. A plumaxe nupcial ten as partes superiores e a cabeza de cor
escura, case negra. Peito e ventre moi brancos. Prolongación da boca de cor negra.
En inverno, presenta unha raia alar de cor branca, garganta e meixelas tamén brancas e parte superior da cabeza de cor
chocolate.
REPRODUCIÓN
O niño apenas é un monllo de algas e ramiñas colocadas ao chou nun resalte do acantilado. O único ovo ten forma de pera,
para que non rode cara ao mar.
ALIMENTACIÓN
A súa dieta está baseada en peixes e moluscos.
HÁBITAT
Esencialmente peláxico, só acode á terra para criar. En inverno recóllese en rías e estuarios máis protexidos, e incluso en
portos.
DISTRIBUCIÓN
É unha das aves mariñas máis abundantes do planeta, mais na península Ibérica tan só nidifica en Galicia. Para iso emprega
repisas en cantís rochosos e furnas na Costa da Morte, aínda que a finais do século pasado tamén nidificou nas illas Cíes e
Ons e en Estaca de Bares. Fortemente ligada ás augas mariñas, onde pasa gran parte do tempo descansando e na busca de
alimento (peixes peláxicos). Malia que é frecuente observar araos en augas galegas durante o inverno, estes proceden
fundamentalmente de colonias de reprodución británicas e francesas.
ESTADO DE CONSERVACIÓN
Na actualidade sobreviven tan só 2-4 parellas reprodutoras, e non máis de 20 individuos durante a época de reprodución en
Galicia, ameazados fundamentalmente pola mortalidade en artes de pesca e a contaminación mariña (especialmente os
vertidos de petróleo). A caza abusiva xogou un papel importante no descenso das súas poboacións a finais do século pasado.
CATEGORÍA DE CONSERVACIÓN
En perigo de extinción.
NOME COMÚN
Arao (Poboación nidificante)
NOME CIENTÍFICO
Uria aalge
CLASE
Aves
FAMILIA
Alcidae
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)


No hay comentarios:
Publicar un comentario